Continuando co tema das receitas, a seguinte actividade que propoño será facer a vosa propia receita. Primeiro, achégovos os seguintes exercicios para ver os pasos que se deben seguir para redactala, e por último, esta ficha, onde xa a escribiremos. Adxunto ademais, vocabulario referente a verbos e utensilios de cociña, por se tiverades algunha dúbida á hora de escribila.
Anímovos a que ademais de redactala, se podedes e queredes, intentarades facela, coa axuda das persoas maiores que estean na casa. Se ese é o caso, e existe a posibilidade, podedes facer fotos das redaccións, dos pasos que fostes seguindo, así como do resultado final e envialas ó correo electrónico (musicafriol@gmail.com) para subilas ao blog. Así todos os nosos compañeiros, poderán desfrutar da nosa receita.
Así mesmo, calquera outra actividade que esteades a facer estes días, e queirades mostrala aos vosos compañeiros, podedes enviala ao mesmo correo electrónico, para ser publicada neste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario