Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Galega. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2020

GALEGO


Aquí vos deixo as últimas actividades deste curso!

Seguimos traballando a comprensión lectora en galego, a través da ficha "Unha viaxe no tempo".

Déixovos, ademais un xogo de memoria e de razoamento lóxico



venres, 5 de xuño de 2020

GALEGO

                                                                                                                           
Aquí vos deixo novas tarefas de galego.
 
Unha ficha de comprensión lectora titulada "Vaia descoido!"
Déixovos tamén unha ficha para repasar ortografía das palabras con x e con ll e un ditado co seu audio correspondente.

venres, 29 de maio de 2020

GALEGO

Seguimos traballando en lingua galega, con vocabulario sobre a rúa.
Na seguinte ficha, para realizar o exercicio 2, debes escoitar o seguinte audio, xa que che irá dicindo o que tes que debuxar e onde o tes que debuxar!
Deixo tamén, unha ficha na que deberás dar indicacións para ir dun lugar a outro dentro dunha cidade.
E por último, comprendemos un sinxelo texto teatral!

martes, 26 de maio de 2020

GALEGO

Aquí vos deixo novas actividades de galego!

Unha ficha de comprensión lectora titulada cuestión de nomes.

Tamén vos deixo para repasar a ortografía das palabras con x e con s.

E por último, para escribir un pouquiño, unha ficha na que contar unha experiencia persoal!

venres, 22 de maio de 2020

GALEGO

Aquí vos deixo máis actividades de galego!

Por un lado, imos a traballar un pouco de poesía. Nesta ficha, terás que facer algún pareado e un caligrama.

Seguimos repasando a ortografía das palabras con v.

Para rematar estas fichas de percepción, atención e razoamento lóxico.

martes, 19 de maio de 2020

GALEGO

Aquí vos deixo novas actividades de lingua galega!

Por un lado, imos a traballar con vocabulario sobre os bombeiros.
Na seguinte ficha, debedes responder a unhas preguntas a partir dunha imaxe, e para o exercicio 1, debedes escoitar o seguinte audio e estar moi atentos, para marcar si esas afirmacións son verdadeiras ou falsas!

Déixovos, ademais, unha ficha de ortografía das palabras con v.

E para rematar, imos a escribir unha invitación.

venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O día 17 de maio, é unha data moi importante para os galegos, xa que se celebra o 
Día das Letras Galegas.
Neste día, homenaxease a todas aquelas persoas que destacaron polas súas creacións literarias en lingua galega.
Este ano adícanselle ao escritor 
RICARDO CARVALHO CALERO.
No seguinte enlace, podedes acceder a unha das súas obras "As pitas baixo a choiva" que poderedes ler, dende calquera dispositivo.
Quero deixarvos, ademais, algunhas actividades interactivas, moi interesantes para traballar a biografía do escritor e os seus textos.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/467
http://seminariogalan.org/inicio/ver/468

Déixovos tamén, este xogo de pistas no que debedes solucionar algúns enigmas!
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR131A9IjZmLKr3tgOuPa6pOxS2p79fmrdAWTnaTOu2B5FwlORnFn2fcwDk
Traballaremos ademais, de forma escrita, con un breve texto da obra mencionada anteriormente "As pitas baixo a choiva" que debedes descargar no seguinte arquivo

Plástica
Como actividade de plástica, imos a facer unhas galiñas colgantes 🐓 como as da imaxe. 
Pasos:
-  Colorea e decora a galiña como queiras.
-  Recorta cada peza e dobra polas liñas descontinuas.
-  Decora a á dobrada.
-  Recorta un anaco de la ou fío e pega as patas nos extremos.
-  Pasa a la ou o fío pola dobrez inferior da galiña e pega a pestana.
-  Coloca o colgador na parte superior e pégao por detrás como na imaxe.
Espero ver as vosas galiñas 🐓!!