O día 17 de maio, é unha data moi importante para os galegos, xa que se celebra o
Día das Letras Galegas.
Neste día, homenaxease a todas aquelas persoas que destacaron polas súas creacións literarias en lingua galega.
Este ano adícanselle ao escritor
RICARDO CARVALHO CALERO.
No seguinte enlace, podedes acceder a unha das súas obras "As pitas baixo a choiva" que poderedes ler, dende calquera dispositivo.
Quero deixarvos, ademais, algunhas actividades interactivas, moi interesantes para traballar a biografía do escritor e os seus textos.
Déixovos tamén, este xogo de pistas no que debedes solucionar algúns enigmas!
Traballaremos ademais, de forma escrita, con un breve texto da obra mencionada anteriormente "As pitas baixo a choiva" que debedes descargar no seguinte arquivo.
Plástica
Pasos:
- Colorea e decora a galiña como queiras.
- Recorta cada peza e dobra polas liñas descontinuas.
- Decora a á dobrada.
- Recorta un anaco de la ou fío e pega as patas nos extremos.
- Pasa a la ou o fío pola dobrez inferior da galiña e pega a pestana.
- Coloca o colgador na parte superior e pégao por detrás como na imaxe.
Espero ver as vosas galiñas 🐓!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario