xoves, 30 de abril de 2020

PLÁSTICA

Kandinsky

 Pintor ruso que se destacaba pola súa sensibilidade para percibir as cores e a súa capacidade para proxectalas. Afirmaba que "a cor é un medio para sensibilizar ao espírito"




Nos seguintes vídeos podedes ver a súa vida e a súa arte:
 

A actividade que propoño, consiste en recrear un cadro deste pintor. O cadro dos círculos concéntricos, unha das súas obras máis coñecidas.

 Pasos a seguir.
  -   Dobrade un folio para formar 8 rectángulos con dobreces como na imaxe.
  -   Abride a folla e estirádea.
  -   Comezade a pintar círculos concéntricos de diferentes cores en cada rectángulo. 

 Espero ver as vosas obras de arte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario