venres, 22 de maio de 2020

PLÁSTICA

Colaxe de animais.
 
A seguinte actividade que vos propoño en plástica, consiste en facer caras de animais (can ou gato) a través dunha colaxe.

A colaxe, é unha técnica na que se combinan fragmentos e imaxes de diferentes texturas e cores.


Os materiais que necesitades son:
-  2 folios ou cartolinas.
-  Lapis, goma, cores (ceras, lapis, rotuladores, acuarelas...)
-  Follas de cores de revistas ou de xornais.
-  Pegamento e tesoiras.

Pasos a seguir:
-  Colle as follas de cores de xornais ou revistas e ráchaas cos dedos, facendo tiras (cantas máis cores mellor). Non teñen porque saír perfectas.
-   Nun folio ou cartolina, en posición horizontal (→), busca un punto central e pega as tiras de papel, como na imaxe.
-   No outro folio debuxa uns ollos ben grandes e un fociño e repásaos con rotulador negro. Na imaxe tedes algún exemplo.
-  Recorta os ollos e o fociño, céntraos sobre a colaxe e pégaos.

Xa tedes o voso animal rematado!
Enviádeme as vosas creacións! 😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario