venres, 29 de maio de 2020

PLÁSTICA

PUNTILLISMO
A técnica do puntillismo é unha técnica de debuxo que usa a aplicación de puntos de cores para dar cor e forma ás figuras.
O puntillismo é un estilo de debuxo que foi usado por grandes artistas, xa que ten unha gran capacidade de suxerir e transmitir emocións a través do efecto especial que crea coa súa cor.
Os pintores franceses Paul Signac e Georges Seurat son recoñecidos por desenvolver esta técnica. Aquí podedes ver algúns exemplos dos seus cadros:
























A seguinte actividade de plástica que vos propoño, é utilizar esta técnica de debuxo.
Para iso, debes facer o seguinte:
-  Imprime o debuxo que propoño ou debuxa ti o que queiras realizar con esta técnica.
-  Pensa nas cores que vas a utilizar. Recoméndoche que utilices rotuladores para facer os puntos, ou no caso de que non teñas, afía ben as cores.
-  Traza ringleiras de puntos, intentado que sexan do mesmo tamaño, e podendo utilizar diferentes tons da mesma cor (por exemplo: azul, azul claro, azul escuro...)
Déixovos un exemplo de como quedaría o noso debuxo!
Espero ver os vosos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario