xoves, 23 de abril de 2020

DIA DO LIBRO

23 de abril -  Día do Libro.
Cando lemos, ademais de pasar un bo rato e entreternos, ampliamos a nosa linguaxe e vocabulario, ó mesmo tempo que desenvolvemos a nosa imaxinación e creatividade. Por iso os libros, son tan importantes!

Aquí vos deixo algunha actividade, para celebrar este día:

📕  Contádeme cal é o voso conto ou libro favorito. 
     Neste arquivo podedes facer un pequeno resumo.

📗 Xogo dos dados conta historias.
    Os pasos a seguir para crealos, tédelos no seguinte arquivo
    (Se non podes facer os dados, que alguén na túa casa che elixa unha imaxe de cada un deles)
    Unha vez feitos, imos empezar a xogar!!
    Di... "Érase unha vez..." lanza os dados, e conta unha historia con todos os elementos que salgan.
    Escribe aquí unha das historias. Estou desexando lela!

📘 Marcapáxinas con origami.
    Achégovos un tutorial para facer estes marcapáxinas tan bonitos!

📙 Déixovos tamén o enlace a un libro titulado "Nube branca quere ser astronauta" para que poidamos desfrutar da lectura! 
    (Para acceder ao libro, preme no título. Non se debe imprimir, pero si se pode descargar para gardar en calquera dispositivo)


Espero que pasedes un bo rato con todas estas actividades! 😀
Podedes enviarme fotos cos vosos libros favoritos, gravarvos contando un conto, facendo algunha destas actividades... para compartir con todos os vosos compañeiros a través deste blog!

Ningún comentario:

Publicar un comentario