mércores, 22 de abril de 2020

PLÁSTICA

Hoxe, 22 de abril, celébrase o Día Mundial da Terra.
É unha boa ocasión para que todos nos concienciemos sobre a importancia de coidar a Terra e o medioambiente: non contaminando, utilizando a auga con responsabilidade, aforrando enerxía na nosa casa, reciclando... poñendo cada un da nosa parte, para coidar o planeta no que vivimos, a Terra.

Con este motivo, propóñovos a seguinte actividade de plástica.
Recordades que na clase fixemos con "pop art" unha mazá?
Pois imos facer o mesmo, pero cunha imaxe relacionada coa terra e o medioambiente. Aquí vos deixo un exemplo.

Pasos:
-   Imprime a seguinte imaxe do símbolo da reciclaxe.
-   Debuxa estampados diferentes en cada sección do debuxo.
-   Colorea de moitas cores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario