A seguinte actividade de lingua galega que propoño, e que se realizará ata o 14 de abril, está relacionada co bosque.
No seguinte arquivo, atoparedes as seguintes actividades:
- Preguntas sobre unha imaxe: Repoboamos o bosque.
- Comprensión lectora: Non podo respirar!
- Actividades de ortografía e gramática a partir da lectura.
Ademais diso, na seguinte ficha debedes continuar a historia que se vos presenta e facer un debuxo da mesma.
Achégovos ademais, o enlace a un libro titulado "A casa máis animada do mundo", para que nestes días poidamos desfrutar da lectura. (Para acceder ó libro, preme na imaxe. Non se debe imprimir, pero si se pode descargar para gardar en calquera dispositivo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario