Seguimos traballando en galego sobre os animais.
Por un lado, faremos esta ficha de vocabulario, onde traballaremos cos nomes, voces, casas de animais...
A continuación faremos un ditado, de repaso das palabras con g (que xa traballamos nas últimas tarefas que enviei) Para facer o ditado, déixovos por un lado o audio coa gravación e un arquivo onde poderedes lelo (se alguén na casa quere ditárvolo)
Recorda, faremos como na clase:
1. Le o ditado varias veces, fixándote nas palabras que levan g.
2. Escoita o audio as veces que sexan precisas ou pídelle a alguén na casa, que o dite.
3. Comproba se tiveches algún erro, e colorea os animais dos que se fala no ditado.
Para rematar, unha ficha de comprensión lectora, onde se fai unha descrición dun animal e outra onde deberás buscar información sobre o teu animal favorito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario