venres, 8 de maio de 2020

PLÁSTICA

🌸 Os maios 🌸
Os maios, é o nome que recibe unha festa popular galega, que se celebra entre finais de abril e principios de maio. Consiste en cubrir unha árbore ou unha estrutura con musgo, herba e diferentes flores.
Podedes velos nas seguintes fotos:


As actividades que vos propoño, relacionadas cos maios, son as seguintes:

🌼Colorear o debuxo dun maio feito polo pintor galego Leandro Lamas. Debedes decoralo con distintas flores e colorealo.

🌻Facer un mandala natural. Agora que xa sabemos o que son os mandalas, é o mellor momento para facer un natural. Para facelo, debedes debuxar un círculo nun folio, cartón ou mesmo no chan e decoralo con diferentes obxectos como follas, pétalos de flores, pedras... Aquí vos deixo unha imaxe para que vexades como son:



🌺Crear flores de papel. Nestes vídeos podes ver como se fan algunhas flores.



Espero que pasedes un bo rato con todas estas actividades! 😀
Enviádeme fotos dos vosos debuxos, mandalas ou flores, para compartir con todos os vosos compañeiros a través deste blog!

Ningún comentario:

Publicar un comentario